Slide
Nós

Aventeira 360: Un plan sostible para a consolidación

Aventeira 360 é un proxecto de consolidación e crecemento sostible da nosa cooperativa, que se desenvolverá ao longo de tres anos co apoio do Fondo Social Europeo Plus (FSE+), a través da Confederación Empresarial Española de la Economía Social (CEPES), como organismo intermedio do Programa EFESO (Emprego, Educación, Formación e Economía Social).

Este proxecto está pensado como un punto de inflexión na traxectoria de Aventeira, co obxectivo de fortalecer a nosa estrutura interna, reforzar o noso equipo e abrir novas vías de traballo sostibles e transformadoras.

Obxectivos do proxecto

  • Reformular a planificación estratéxica da cooperativa, incorporando criterios de viabilidade, impacto social e equilibrio organizativo.

  • Revisar e mellorar a estrutura interna e os procesos de traballo, para facer de Aventeira un espazo máis áxil, horizontal e cooperativo.

  • Deseñar e executar un plan de formación interno, adaptado ás necesidades reais das persoas que forman parte do equipo e aos retos actuais do sector da educación non formal.

  • Pór en marcha unha nova liña de actividade: o Xeocamping Montañas do Courel, un espazo natural que combina turismo sostible, aprendizaxe ao aire libre e promoción do patrimonio natural e histórico.

Visibilidade, impacto e apoio institucional

O proxecto Aventeira 360 conta cunha cofinanciación por parte da Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo Plus. Esta colaboración permite que iniciativas como a nosa, con forte arraigamento territorial e vocación transformadora, conten con recursos e acompañamento para crecer de forma planificada, xusta e duradeira.

Este apoio fai posible a implementación efectiva do plan, e ao tempo sitúa a Aventeira como unha experiencia de economía social activa, conectada co territorio e aliñada cos obxectivos do Programa EFESO.

Difundiremos os avances, accións e resultados do proxecto a través das nosas redes sociais. Se queres acompañarnos nesta etapa de cambio e crecemento, podes seguirnos e interactuar connosco en:

Hashtags oficiais: #CEPESFSE #CEPESEFESO

Proxecto cofinanciado coa cantidade de 120.744 € polo Fondo Social Europeo Plus, a través da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), en calidade de organismo intermedio do programa EFESO.