Escola de
Tempo Libre
Slider

En Aventeira Escola de Tempo Libre impartimos os cursos oficiais da Xunta de Galicia de Monitorado de Actividades de Tempo Libre, Dirección de Actividades de Tempo Libre e Dirección de Campos de Voluntariado, así como outras formacións para as e os profesionais da educación non formal.

Dende Aventeira Escola buscamos formar a profesionais do tempo libre para que desenvolvan a súa actividade cunha perspectiva educativa transformadora e con ilusión e paixón polo que fan. Non entendemos a formación teórico-práctica só como a adquisición de coñecementos e recursos, senón tamén como un espazo de construción, participación e reflexión. A nosa vocación pasa por educar dende do ocio e tempo libre e así queremos transmitilo ao alumnado.

Nos cursos empregamos técnicas participativas propias da educación non formal e da facilitación de grupos. A metodoloxía empregada permite dotar dun amplo abano de ferramentas ao alumnado para poder achegar contidos de xeito dinámico, activo e participativo ao longo do seu desenvolvemento posterior como profesionais da educación non formal.

IMG_9882

Se es un concello ou outra entidade que desexa organizar un curso, ponte en contacto con nós e procuraremos pór os medios para realizalo.

Para contactar directamente con Aventeira Escola escribe a: