
Director/a de Campos de Voluntariado
O certificado que completa o catálogo de titulacións oficiais de tempo libre da Xunta de Galicia é o de Director/a de Campos de Voluntariado. Esta formación está dirixida a directoras e directores de tempo libre que queiran ampliar os seus coñecementos e adquirir novas ferramentas no eido dos campos de voluntariado, uns espazos de tempo libre que traen un impacto real á contorna onde se desenvolven.
Existen diferentes tipos: medio ambientais, sociais, arqueolóxicos, audiovisuais ou etnográficos. Se te animas a facer o curso con nós aprenderémosche sobre a súa tipoloxía e características, os recursos que se precisan para levalos a cabo, as actividades educativas que enriquecen un campo e un longo etcétera.
Datas
Días 18, 19, 20, 21 e 22 de decembro.
Horario
De 9:00-14:00 e de 16:00-20:00.
Lugar
O espazo principal de realización do curso será no noso local no CC O Ventorrillo, planta 1, local 3, na cidade da Coruña.
As liñas 7, 12A e 14 do bus urbano da cidade paran moi preto! Aínda que hai bastantes zonas para aparcar, recomendamos compartir coche ou usar transporte público.
Duración
Fase teórico-práctica: 50 horas.
Fase práctica: 14 días de actividade como director/a en prácticas nun campo de traballo.
Precísase unha asistencia ao 80% do total das horas teórico-prácticas para superar o curso, así como superar a parte práctica.
Requisitos
- Estar en posesión do título de Director/a de Actividades de Tempo Libre.
- Ter experiencia como director/a dun equipo de animación de, alomenos, un campamento de 15 días.
Prezo e prazos de inscrición
Instrucións de matrícula
O proceso de matrícula consta de tres pasos. A matrícula se considerará completada cando se realicen os tres:
- Cobre o formulario.
- Pago único: Ingresa 150 euros en concepto de pago do curso na conta de Triodos ES61 1491 0001 2630 0011 1277. Concepto: “CDT+Nome e apelidos”. Esta cantidade non é reembolsable no caso de que te deas de baixa durante o proceso (é a cantidade que asegura a viabilidade da celebración do curso!). Si se reembolsará na súa totalidade no caso de que a Escola non puidese realizar o curso porque non se cubrisen as prazas mínimas.
- Envía o resgardo do ingreso ou da transferencia na conta ao correo escola@aventeira.com.
Confirmación da inscrición
Poñerémonos en contacto contigo a través de correo electrónico dúas veces. Unha primeira para confirmar a recepción da inscrición e do pago, e unha segunda para confirmar a celebración do curso, dicirche os espazos para cada día, darche información práctica e pedirche algunha documentación.
Se non recibes algunha destas mensaxes, por favor, ponte en contacto con nós cando podas para que che pasemos a información necesaria.
Máis información
No teléfono 722 349 497 e no correo electrónico: escola@aventeira.com.
Agardámoste!