Slide
Cursos de Tempo Libre e outras Formacións

Monitor/a de Tempo Libre

O lecer e o tempo libre representan a contorna perfecta para a educación en valores, a convivencia, e o crecemento persoal e colectivo.

Son un espazo marabilloso para construír un mundo mellor. Por iso, nos cursos de monitorado de tempo libre que organizamos, ademais do Certificado de Manipulador/a de Alimentos, poñemos o foco nos coidados, na comunicación consciente, na inclusión, na educación emocional e na igualdade.

Aventeira Escola imparte cursos de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, titulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.

Datas

Actualmente, non hai datas confirmadas para unha nova edición do curso.

Horario

A información sobre horarios actualizarase cando se abra unha nova edición do curso.

Duración

Actualizaremos esta información cando haxa novas datas.

Lugar

O espazo principal de realización do curso será a nosa aula, sita no C.C. O Ventorrillo, Planta 1, Local 3, na cidade da Coruña.

As liñas 7, 12A e 14 do bus urbano da cidade paran moi preto! Aínda que hai bastantes zonas para aparcar, recomendamos compartir coche ou usar transporte público.

Contidos

  • Animación: educación a través do xogo, expresión artística, dinamización de veladas, animación deportiva.
  • Psicosocioloxía: facilitación de grupos, transformación de conflitos, educación en valores, programación e metodoloxía.
  • Educación transformadora: xénero e igualdade, educación emocional e coidados, comunicación non violenta, galego e linguas.
  • Educación ambiental e campismo: aprendizaxe-servizo no medio ambiente, interpretación medioambiental, técnicas de campismo, orientación.
  • Educación para a saúde: prevención de drogodependencias, primeiros auxilios, certificado de manipulador/a de alimentos, sexualidade, prevención de riscos laborais.
  • Organización e recursos: entidades no tempo libre, recursos e axudas, información xuvenil, espazos de participación no tempo libre, orientación laboral.

Requisitos

Estar graduada/o en Educación Secundaria ou equivalente, ou ser técnico auxiliar en formación profesional ou equivalente, así como ter 18 anos cumpridos no momento de inicio da formación.

Prezo e prazos de inscrición

O prazo de inscrición está actualmente pechado e o prezo da próxima edición está pendente de confirmación.

Sistema de bolsas

Existe a posibilidade de recibir unha bolsa que cubra o custe parcial do curso. A apertura do sistema de bolsas está supeditada ao número de prazas cubertas e o seu número é limitado. Ademais, o seu desfrute está vinculado á realización dun voluntariado nun número de horas equivalente ao subvencionado, nunha entidade da túa elección.

Se tes unha situación económica complicada e tes interese nesta cuestión, coméntao no formulario de inscrición. Se conseguimos un número de participantes suficiente para financiar as bolsas, porémonos en contacto contigo.

Instrucións de matrícula

As instrucións de matrícula da próxima edición publicaranse cando se abra un novo prazo de inscrición.

Confirmación da inscrición

A información relativa ao proceso de confirmación da inscrición actualizarase na próxima convocatoria do curso.

Máis información

No teléfono 722 349 497 e no correo electrónico: escola@aventeira.com.

Agardámoste!