Encontro de profesionais do tempo libre: Xénero e educación non formal.

Contidos

I – Construír o cambio dende as experiencias vividas: quen somos e de onde vimos

II – Resistencias, experiencias e estratexias: lectura do panorama político do xénero na educación non formal no país e indagación nas accións reais e potenciais a prol da igualdade

III – Da reflexión á acción: poñendo o corpo no cambio

IV – A transformación dos modelos afectivos: o persoal é político

V – Espazo non mixto: 

  • Autodefensa feminista e espazo de exploración individual e grupal
  • Masculinidades alternativas e espazo de exploración individual e grupal

VI – Espazo aberto: faladoiro de presentes e futuros en común

VII – De aquí a onde? Tecendo redes e abrindo camiños

Duración do curso

20 horas

Precísase unha asistencia ao 80% do total das horas presenciais para obter un certificado de participación no Encontro.

Datas e horarios

Sábado, 20 de novembro de 9:00 a 14:00, de 16:00 a 20:30 e de 22:00 a 23:00
Domingo, 21 de novembro de 9:00 a 13:30 e de 15:30 a 20:00
(Podes instalarte dende o venres 19 e asistir á velada que terá lugar de 22:00 a 23:00, polo mesmo custe).

Lugar

Albergue Xuvenil Gandarío

Aldea Cornide, 21, 15167 Bergondo, A Coruña

Prezo

20€

O prezo inclúe a pernocta no albergue, pero non a manutención. É importante contar co carné de alberguista para pernoctar no albergue, mais se non o tes, dínolo no formulario e poñémonos en contacto contigo

Prazo de inscrición

Ata o 11 de novembro, incluído.

Instrucións de matrícula

Cobre o formulario.

Ingresa 20 euros en concepto de matrícula no curso na conta de Triodos ES61 1491 0001 2630 0011 1277. Concepto: “lentes violetas + nome e apelidos”. Esta cantidade non é reembolsable no caso de que te deas de baixa durante o proceso (é a cantidade que asegura a viabilidade da celebración do curso!). Reembolsarase na súa totalidade no caso de que non se puidese realizar o curso por non cubrir as prazas mínimas ou por cambios alleos a Aventeira.

Envía o resgardo do ingreso ou da transferencia na conta ao correo lentes.violetas@aventeira.com

Confirmación da praza

Poñerémonos en contacto contigo a través de correo electrónico dúas veces. Unha primeira para confirmar a recepción da inscrición e do pago e confirmarche a praza, e unha segunda para confirmar a celebración do curso e darche algunha información práctica, a partir do día 12 de novembro.

Sistema de bolsas

Existe a posibilidade de recibir unha bolsa que cubra o custe total do curso, se ben o seu número é limitado. O seu desfrute está vinculado á realización dun voluntariado nun número de horas equivalente ao subvencionado. Se precisas solicitar unha bolsa, escríbenos para recibir toda a información! 

Adaptación á situación actual

Imos seguir tódalas normas de prevención e seguridade por mor da covid con moito coidado e estando sempre atentas ás novas normativas que vaian chegando. Enviarémosche unha guía xunto coa información práctica cando confirmemos a realización do curso, pero podemos adiantar que, por suposto, teremos que manter a distancia social, empregar máscaras e ter coidado de desinfectar calquera material entre uso e uso, entre outras medidas.

Máis información

Se precisas máis información podes poñerte en contacto con nós nos teléfonos 722 349 483 e 722 349 493 ou no correo electrónico lentes.violetas@aventeira.com.

 

Agardámoste!

Proxecto subvencionado nun 80% e cun importe de 13.116,88 euros pola Deputación da Coruña a través do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2021.