Slide
Campamentos, Excursións e Campos de Voluntariado

Ocupámonos de desenvolver tódalas fases que supón a organización de excursións e campamentos. Facémolo para concellos, centros de ensino e outras entidades que estean interesadas.

Traballas nunha escola e andades na procura dunha excursión de fin de curso inesquecible e única?

Es técnica nun concello e buscades un equipo de profesionais para desenvolver os vosos campamentos con pernocta?

Concibimos este tipo de actividades non só como alternativas de ocio saudable para a infancia e a xuventude, senón tamén como espazos para a convivencia, o contacto coa natureza e a educación en valores.

Estas actividades adoitan predominar no verán, mais nós mantemos a oferta en períodos fóra da época estival, tales coma o Nadal e a primavera, tratando de cubrir unha necesidade social en expansión.

Prestamos especial atención á ambientación destas actividades polo que, a maiores dos contidos lúdicos e educativos, os e as participantes estarán inmersas en mundos fantásticos, o que contribúe a unha mellor integración das persoas nas actividades.

Para colexios, temos abertas as opcións de minicampamentos, excursións dun día a diferentes zonas de interese da xeografía galega e actividades no propio centro.

A nosa experiencia

As persoas que formamos Aventeira levamos traballando en postos de coordinación e monitorado de campamentos moitos anos. Dende 2020 a nosa entidade estivo a cargo de múltiples campamentos e actividades con pernocta de titularidade pública entre os que destacamos:

  • Campamentos "Aventura na natureza" e "Pequecho Aventura", no C. Xuvenil Pontemaril, Forcarei (Xunta de Galicia), nos anos 2021 e 2022.
  • Campamento "Teatro e Aventura", no C. Xuvenil Penedos de Xacinto, Entrimo (Xunta de Galicia), nos anos 2021 e 2022.
  • Campamento "Candilexas", no C. Xuvenil Espiñeira, Boiro (Xunta de Galicia), no ano 2022.
  • Campo de Voluntariado "Illa de San Simón", en Redondela (Xunta de Galicia) nos anos 2021 e 2022.
  • Programas "Facendo Camiño" e "Aventúrate Portomarín" no marco do Outono Xove (Xunta de Galicia) nos anos 2021 e 2022.
  • Minicampamentos "Acción no Arnoia", en Allariz (Xunta de Galicia) nos anos 2021 e 2022.
  • Minicampamentos "Aventura no Arenteiro", no Carballiño (Xunta de Galicia) no 2020.