Slide
Xestión de Proxectos Culturais e Educativos
Deseño de Proxectos Sociais, Culturais e Educativos
Xestión de Equipamentos e Instalacións
Mobilidade Xuvenil e Proxectos Europeos

Deseño de Proxectos Sociais, Culturais e Educativos

Elaboramos proxectos en tódalas súas fases, dende a idea inicial ata a execución e xustificación. Encargámonos da creación e posta en funcionamento de eventos culturais, deportivos, educativos ou sociais. Sempre en coordinación e cumprindo os obxectivos e demandas específicas das entidades coas que colaboramos, podemos ocuparnos da xestión integral ou soamente das necesidades específicas a demandas.

Subvencións, concursos, proxectos de iniciativa propia ou calquera outro formato de actividades teñen cabida en Aventeira. Se precisas información e axuda co teu proxecto ponte en contacto con nós.

Tamén ofrecemos a colaboración na xestión de axudas para actividades de xénero, concienciación ambiental ou dinamización xuvenil, en colaboración con asociacións, ANPAS, concellos, etc.

Camiño de Superación

No ano 2019 tivemos a sorte de poder realizar un proxecto en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro no marco do programa “O Teu Xacobeo”, da Xunta de Galicia.

O “Camiño de Superación: unha ruta ao alcance de todas”, achegaba o camiño a persoas en tratamento para a superación do cancro. Este proxecto combinaba a realización do camiño portugués co desfrute de actividades artísticas e o exercicio do relato das persoas participantes, que deste xeito inspiraban á poboación local para evitar que se estigmatice esta doenza.

Podes acceder aos contidos xerados deste proxecto na canle de youtube do Camiño de Superación.

Os Camiños da Diabetes

Cando aínda comezábamos a recuperarnos da pandemia de COVID19, no 2021, colaboramos coa Asociación de Diabetes de Ferrolterra no deseño e na execución doutro proxecto vencellado ao Camiño de Santiago.

Os “Camiños da Diabetes” achegaron a realidade desta enfermidade, estratexias para a identificación e coidados a diferentes comunidades do rural galego vinculadas ao Camiño de Santiago como foron Mondoñedo, Portomarín e Pontecesures, con actos e eventos culturais que acompañaron ás andainas realizadas por persoas desta asociación.

Se tes unha idea de proxecto cultural, social ou educativo para a túa entidade, podemos axudarte a organizalo, acompañar no proceso e incluso colaborar na procura de financiamento. Ponte en contacto con nós.

Xestión de Equipamentos e Instalacións

Traballamos dende a experiencia na coordinación de instalacións, pero sobre todo dende o que para nós son as claves deste tipo de proxectos: a organización, a responsabilidade e as relacións humanas.

Tivemos a gran sorte de desembarcar e o gran reto de prestar os nosos servizos de coordinación cultural no arquipélago de San Simón, na enseada da Ría de Vigo, durante tres anos. Un espazo declarado Ben de Interese Cultural onde coordinamos durante todo o ano a organización de visitas guiadas e actividades de interese cultural, educativo e sociodeportivo.

Vídeo cortesía de David Fragueiro Míguez  

Mobilidade Xuvenil e Proxectos Europeos

Sempre é bo saír da zona de confort, vivir noutros lugares e empaparse doutro xeito de facer as cousas, aínda máis cando un é novo e está na conformación da súa forma de ser e de vivir. A mobilidade xuvenil é unha experiencia enriquecedora tanto a nivel persoal coma profesional, que ten que estar adaptada ás inquedanzas e necesidades de cada persoa de xeito individual.

En Aventeira encargámonos de facer realidade esta aventura persoal. A xestión do financiamento, o contacto con entidades de prácticas, o aloxamento de calidade en destino, a manutención ou a formación lingüística constitúen algún dos servizos que ofertamos para que esta experiencia estea ben organizada e non lle falte de nada.

Galeuropa

Dende o primeiro momento, dende Aventeira fixéronme entender que non só era una experiencia profesional única, senón de crecemento persoal. Nunca esquecerei estes tres meses.
Emilia Albán
Participante no programa Galeuropa 2019

Somos entidade xestora do programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, convocado pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Na edición 2019 enviamos a un total de 12 participantes a distintos lugares de Italia, Bélxica e Portugal, onde estiveron tres meses realizando prácticas e vivindo unha experiencia transformadora a tódolos niveis.

Agardamos novas convocatorias deste e doutros programas. Permanecede atentos e atentas, xa que en canto abra unha nova convocatoria anunciarémolo nas nosas redes sociais.

IMG-20191003-WA0032