Onte abrimos as portas do Campamento de Pontemaril para recibir ás primeiras quendas aquí en Forcarei.
Foi un día tranquilo que adicamos sobre todo a coñecernos entre nós un pouquiño máis e tamén coñecer ben a instalación. Pero aínda así tivemos un momentiño para darnos un chapuzón na piscina!
Despois de cear, unhas pintorescas personaxes circenses nos ensinaron a xogar ao Rabo-Tiza-Pinza, e despois inauguramos o espazo de asamblea. Mañá comezamos xa coas actividades de rotación como escalada e kaiak. Que gana!