Quenda 1. Día 1. Arrincamos!

Onte abrimos as portas do Campamento de Pontemaril para recibir ás primeiras quendas aquí en Forcarei.

Foi un día tranquilo que adicamos sobre todo a coñecernos entre nós un pouquiño máis e tamén coñecer ben a instalación. Pero aínda así tivemos un momentiño para darnos un chapuzón na piscina!

Pola noite, fixemos unha divertidísima velada de na que uns misteriosos animais agochados nos puxeron a proba tendo que atopalos. E hoxe daremos comezo ás rotacións. Que gana!

1 Comment

  1. Lino

    Semella que o tempo vai emborronar os dias, espero que non sexa grave, sorte

Comments are closed