Quenda 1. Día 1. Comezando! :)

Quenda 1. Día 1. Comezando! :)

Hoxe tivemos unha chea moitos sorrisos nerviosos e miradas cheas de ilusión e ledicia contida. Foi un día para descubrir as novas amizades que nos acompañarán durante estes 10 días de aventuras estivais repletas de actividade deportiva e creativa.

Formamos os grupos, repartimos a tendas e xa tivemos a primeira toma de contacto con xogos que nos axudaron a ir coñecendo a instalación e ás compañeiras e compañeiros, e tamén ao equipo de monitores que estará ao seu coidado. Tamén tivemos unha primeira velada, cunha ambientación envolvente, que foi moi desfrutada e xa se colocou entre as preferidas do día entre a rapazada.