Día 10. Final do ciclo

Día 10. Final do ciclo

Día de despedida en Espiñeira.

Rematamos esta primeira quenda, cansos pero ledos. Transitamos diferentes emocións nestos 10 días, aprendemos delas, axudamos e recibimos axuda das compañeiras e monis, choramos, rimos, saltamos e bailamos.

Ás veces non é doado saír da zona de confort, durmir fóra da casa, estar nun ambiente totalmente diferente provoca inseguridades e medos, por eso, dende oequipo educativo de Espiñeira gustaríanos felicitar a tódalas persoas participantes do campamento, especial mención a aquelas personiñas que puideron superar certas situacións de agobio e morriña e acabaron os 10 días sendo un pouquiño máis fortes e gozando ata o último minuto da estancia.

1 Comment

  1. Vanesa

    Muchísimas gracias por todo!! Mis hijos eran de los que no querían ir, por muchos miedos que les surgían por estar lejos de casa.
    Pero cada día que hablaba con ellos estaban más contentos, que al cabo no querían marchar. Para el año quieren repetir.
    Les agradezco y felicito por el trabajo realizado.
    Mil graciasssss

Comments are closed