Día 5. Chegamos ao ecuador

Día 5. Chegamos ao ecuador

Seguimos camiño para convertirnos en auténticos artistas, xa a metade de campa podemos ver avances na nosa técnica en artes e tamén na nosa relación como grupo, axudándonos e dándonos apoio cando se precisa, compartindo os bos momentos e tamén os menos bos.

Seguimos coas actividades centrais do campa, o groso do día estivo marcado polas actividades de Acrosport, Circo, Percusión e Tiro con arco.

O equipo educativo segue esforzándose para que as cativas estean a gusto e poidan gozar desta convivencia o mellor posible. Agardamos que desta aventura saian personiñas máis fortes, críticas e respectuosas, tanto co medio natural como coas persoas.

Seguimos!