Día 7. Gran xornada de praia

Día 7. Gran xornada de praia

Día “grande” do campa. Nesta xornada pasamos o día enteiro fóra da instalación. Partimos pola mañá en direción Praia de Barraña, onde puidemos gozar dun estupendo baño, coa auga tirando a fresca, aínda que se agradece xa que tivemos moita calor durante todo o día.

Estivemos xogando con diverso material deportivo, xogos de mesa, pintauñas… establecendo lazos máis fortes coas amizades e compañeiras.

Xa na tarde, cambiamos de zona, pero non marchamos moi lonxe. Ao ladiño da praia atópase o Parque Aventura Estuario Río Coroño integrado no espazo recreativo do Monte Veta.

Nesta zona puidemos xogar no parque de aventuras e tamén utilizamos o espazo para facer a velada do día.

Para finalizar o día regresamos ao campa en modo ruta nocturna, pola fresca vaise mellor. E rematamos o día, como sempre coa asemblea.