Día 8. Ensaiando e experimentando

Día 8. Ensaiando e experimentando

Achégase o final desta aventura, estamos cansas, xa son días enriba, pero con gañas desta recta final, de seguir xogando, rindo e compartindo momentos.

Pola mañá, aproveitamos para facer unha máster-class de capoeira e un gran xogo, no cal repasamos algunhas das actividades que realizamos durante o campa.

Nestas actividades contamos coa especial participación de Candilexa e Espiñeira, que se achegaron ao campamento a observar as habilidades adquiridas durante estos días de aventura.

Debemos resaltar tamén, o marabilloso espazo natural onde está situado o campamento, un espazo moi cómodo e estupendamente acondicionado. Nel, a maiores de nós viven outras especies animais coas que tentamos interactuar o máis respectuosamente posible: lagartos, escaraballos, paxáros son algúns dos bichiños que podemos atopar.

1 Comment

  1. Ana Paz

    Mil gracias polo voso traballo. Unha gran experiencia para a miña filla que acaba de voltar a casa e repetiria sin dudar.

Comments are closed