Slide
Cursos de Tempo Libre e outras Formacións

Dirección de Actividades de Tempo Libre

Se es desas persoas que estaría todo o ano de campamento…

Se sabes que o tempo libre é moito máis que un traballo, é unha forma de vida repleta de intensidade, emoción e momentos máxicos…

Se queres seguir formándote e che gusta a xestión e a coordinación de equipos…

Aventeira Escola imparte o curso oficial de Director/a de Actividades de Tempo Libre, titulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, neste outono do 2025.

Datas

Do 18 de outubro ao 8 de decembro.

  • Parte presencial: En fins de semana: 18-19 de outubro, 25-26 de outubro, 8-9 de novembro, 15-16 de novembro, 22-23 de novembro (100 horas).
  • Parte online: Do 18 ao 8 de decembro (50 horas).

Horario

  • Parte presencial: De 9:00-14:00 e de 15:30-20:30.
  • Parte online: Horario flexible a través dun método asíncrono para a auto-organización por parte do alumnado. Vídeo-titorías de asistencia optativa, que quedarán gravadas para consulta posterior. Prazos parciais de entrega de traballos para seguimento.

Lugar

O espazo principal de realización do curso será a nosa aula, situada no C.C. O Ventorrillo, Planta 1, Local 3, na cidade de A Coruña.

As liñas 7, 12A e 14 do bus urbano da cidade paran moi preto! Aínda que hai bastantes zonas para aparcar, recomendamos compartir coche ou usar transporte público.

Duración

  • 150 horas da fase teórico-práctica (100 horas presenciais e 50 online). 
  • 150 horas da fase de prácticas

As prácticas realízanse unha vez rematada a fase teórico-práctica, e xestiónanse directamente desde a propia escola. Encargámonos de ofrecerche diferentes opcións para que poidas realizalas, aínda que tamén tes a liberdade de buscar ti mesmo/a unha entidade onde facelas. Dispós dun prazo de ata 2 anos para rematalas.

Asistencia

Precísase unha asistencia ao 80% do total das horas teórico-prácticas para superar o curso, así como superar a parte práctica.

Contidos

  • Psicosocioloxía: Técnicas de facilitación, liderado, intelixencia emocional, xestión de conflitos, mediación, toma de decisións, intervención social, asociacionismo, perspectiva de xénero, emocións e coidados.
  • Acción educativa: Educación en valores, correntes pedagóxicas, modelos de intervención, relación con familias, espazos de participación, reflexión e avaliación.
  • Xestión: Deseño de proxectos, composición de equipos, relación coa administración, xestión económica e xerencial, vías de financiamento, lexislación, prevención de riscos laborais, ferramentas e recursos.

Requisitos

a) Estar en posesión do título de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre.

b) Posuír, como mínimo, un título de ensino secundario (ESO ou equivalente).

c) Acreditar unha experiencia como monitor/a no campo da educación/animación no tempo libre de, polo menos, 250 horas, ou como integrante dun equipo en colonias ou campamentos por un total de 30 días, despois de ter obtido o título de monitor/a.

Número de prazas

25

Prezo e prazo de inscrición

280 euros ata o día 2 de outubro e 295 euros ata o día 15 de outubro.

Sistema de bolsas

Existe a posibilidade de recibir unha bolsa que cubra o custe parcial do curso. A apertura do sistema de bolsas está supeditada ao número de prazas cubertas e o seu número é limitado. Ademais, o seu desfrute está vinculado á realización dun voluntariado nun número de horas equivalente ao subvencionado, nunha entidade da túa elección.

Se tes interese nesta cuestión, coméntao no formulario de inscrición. Se conseguimos un número de participantes suficiente para financiar as bolsas, porémonos en contacto contigo.

Instrucións de matrícula

  • Cobre o formulario.
  • Fai o ingreso da matrícula do curso: 
  • Modalidade de pago único: 
    • Ingresa 280 ou 295 euros, dependendo do período no que te inscribas, en concepto de pago do curso na seguinte conta de Triodos: ES61 1491 0001 2630 0011 1277
    • Concepto: “DATL + Nome e Apelidos”. 
    • Esta cantidade non é reembolsable baixo ningunha circunstancia no caso de que te deas de baixa durante o proceso de inscrición ou unha vez comezada a formación (é a cantidade que asegura a viabilidade da celebración do curso!). Si se reembolsará na súa totalidade no caso de que a Escola non puidese realizar o curso porque non se cubrisen as prazas mínimas.
  • Modalidade pago fraccionado (dúas cotas do 50% da matrícula):
    • Ingresa 140 ou 147,50 euros, dependendo do período no que te inscribas, en concepto de inscrición do curso na seguinte conta de Triodos: ES61 1491 0001 2630 0011 1277
    • Concepto: “DATL inscrición + Nome e Apelidos”. 
    • A segunda cota será ingresada cando confirmemos a realización do curso. 
    • Estas cantidades non serán reembolsables baixo ningunha circunstancia no caso de que te deas de baixa durante o proceso de inscrición ou unha vez comezada a formación (é a cantidade que asegura a viabilidade da celebración do curso!). Si se reembolsará na súa totalidade no caso de que a Escola non puidese realizar o curso porque non se cubrisen as prazas mínimas.
  • Envía o resgardo do ingreso ou da transferencia na conta ao e-mail escola@aventeira.com.

Confirmación da inscrición

Poñerémonos en contacto contigo, a través de correo electrónico, dúas veces. Unha primeira para confirmar a recepción da inscrición e do pago, e unha segunda para confirmar a celebración do curso, darche información práctica e pedirche algunha documentación.

Máis información

No teléfono 722 349 489 e no correo electrónico escola@aventeira.com.

Agardámoste!