Aventeira Escola imparte o curso de educación para a igualdade: A EDUCACIÓN NON FORMAL CON GAFAS VIOLETAS.

Curso_Educación para a Igualdade

Contidos

I – A igualdade en perspectiva: unha viaxe en busca dos porqués e das ferramentas para mudar a realidade

II – Prácticas educativas para a transformación dos modelos afectivos

III – Olladas queer sobre a práctica educativa no tempo libre

IV – Espazo non mixto: 

  • Autodefensa feminista e espazo de exploración individual e grupal
  • Masculinidades alternativas

V – Construír o cambio dende as experiencias vividas

Formadoras e formadores

Inés Cebreiro – Graduada en Educación Infantil, monitora de actividades de tempo libre e cursando un mestrado en Política Social e Intervención Comunitaria pola rama de especialización en materia de xénero. Leva os últimos anos centrando a súa labor académica, educadora e activista na coeducación, a educación para a liberdade afectivo-sexual e a identidade de xénero.

Susana Castro – Facilitadora e terapeuta, estudante de fase 2 de Processwork. Traballou como mediadora comunitaria en diversos proxectos municipais e como dinamizadora xuvenil para o Concello da Coruña. Nos últimos anos vén traballando como educadora en centros de educación secundaria, abordando temas de igualdade, educación sexo-afectiva, estereotipos e prevención da violencia con alumnado adolescente. É activista, pensadora e conferenciante de novos modelos relacionais.

Cristy Shedimar Tojo – Directora do Club Deportivo Avalon Kai, leva 15 anos como docente de karate, 8 anos como facilitadora de autodefensa feminista e 24 anos no mundo das artes marciais. Na actualidade é campioa de Europa de parakarate, 4º dan de karate, 2º dan de defensa persoal policial, 2º dan de defensa persoal feminina e 2º dan de Goshin (autodefensa xenérica). Destaca a súa labor no activismo feminista e LGTBIQ, formando parte de proxectos como Somdolilá, Tamborililás e outros proxectos de empoderamento.

Julio Quintas – Psicólogo especialista en violencia de xénero e coach. Tras anos de experiencia profesional no eido da formación e a empresa privada, decidiu mudar de vida e adicarse durante 6 anos ao traballo do coidado e crianza das súas fillas. Actualmente, ademais de continuar formándose en feminismo, ten unha consulta propia de psicoloxía e coaching na Coruña e imparte cursos e obradoiros de autoestima e novas masculinidadades.

Datas e horarios

Venres, 7 de febreiro de 16:00 a 21:00

Sábado, 8 de de febreiro de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00

Domingo, 9 de febreiro de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00

Duración

30 horas: 25 presenciais e 5 non presenciais

Precísase unha asistencia ao 80% do total das horas presenciais para superar o curso, así como entregar un comentario de texto para superar a parte non presencial

Lugar

Centro Aula Nosa, Rúa Mosteiro de Caaveiro 1 Baixo, 15010 A Coruña

Prezo

50 euros

Prazo de inscrición

Aberto un prazo extraordinario de inscrición ata cubrir prazas. Data límite: 5 de febreiro.

Instrucións de matrícula

  • Cobre o formulario.
  • Segue as instrucións de pago que se che enviarán por e-mail. A cantidade abonada será devolta de xeito íntegro no caso de que a Escola non puidese realizar o curso porque non se cubriran as prazas mínimas.

Confirmación da inscrición

Poñerémonos en contacto contigo a través de correo electrónico tres veces. Unha primeira para confirmar a recepción dos teus datos e pasarche as instrucións do pago do curso, unha segunda para informarche da recepción do pago e confirmar a inscrición e unha última para confirmar a celebración do curso e darche algunha información práctica.

Máis información 

Nos teléfonos 722 342 493 e 722 342 497 e no correo electrónico: [email protected].

Agardámoste!