
Monitor/a de Tempo Libre
O lecer e o tempo libre representan a contorna perfecta para a educación en valores, a convivencia e o crecemento persoal e colectivo.
Son un espazo marabilloso para construír un mundo mellor. Por iso nos cursos de monitorado de tempo libre que organizamos, ademais do certificado de manipulador/a de alimentos, poñemos o foco nos coidados, na comunicación consciente, na inclusión, na educación emocional e na igualdade.
Aventeira Escola imparte cursos de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, titulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.
Duración
A formación ten unha duración total de 350 horas impartidas en tres partes:
- Parte teórico-práctica presencial: 160 horas
- Parte teórico-práctica online: 40 horas
- Parte de prácticas externas en entidades: 150 horas
*Precísase unha asistencia ao 80% do total das horas teórico-prácticas para superar o curso, así como superar a parte práctica.
Datas e horarios
Do 7 de febreiro ao 26 de abril de 2026
Sesións presenciais:
Terán lugar as seguintes fins de semana en horario de 9:00-14:00 e de 15:30-20:30.
7 e 8 de febreiro
14 e 15 de febreiro
21 e 22 de febreiro
7 e 8 de marzo
14 e 15 de marzo
11 e 12 de abril
18 e 19 de abril
25 e 26 de abril
Sesións online:
Comezarán unha vez iniciada a parte presencial e contarán cun horario flexible a través dun método asíncrono para a auto-organización por parte do alumno ou alumna. Constará do análise de lecturas recomendadas, casos prácticos e entrega de pequenos traballos.
Prácticas en entidades
Darán comezo unha vez superada a parte teórica-práctica presencial e online. O alumno ou alumna poderá realizalas nas datas, horarios e entidades que mellor lle conveñan. Tendo en conta que hai un prazo máximo de 24 meses para finalizalas.
A Escola apoiará ao alumnado a atopar a entidade de prácticas que mellor lle conveña para completar a súa formación.
Lugar
O espazo principal de realización do curso será no noso local no CC O Ventorrillo, planta 1, local 3, na cidade da Coruña.
As liñas 7, 12A e 14 do bus urbano da cidade paran moi preto! Aínda que hai zonas para aparcar, recomendamos compartir coche ou usar transporte público.
Contidos
- Animación: educación a través do xogo, expresión artística, dinamización de veladas, animación deportiva.
- Psicosocioloxía: facilitación de grupos, transformación de conflitos, educación en valores, programación e metodoloxía.
- Educación transformadora: xénero e igualdade, educación emocional e coidados, comunicación non violenta, galego e linguas.
- Educación ambiental e campismo: aprendizaxe-servizo no medio ambiente, interpretación medioambiental, técnicas de campismo, orientación.
- Educación para a saúde: prevención de drogodependencias, primeiros auxilios, certificado de manipulador/a de alimentos, sexualidade, prevención de riscos laborais.
- Organización e recursos: entidades no tempo libre, recursos e axudas, información xuvenil, espazos de participación no tempo libre, orientación laboral.
Requisitos
Estar graduado/a en Educación Secundaria ou equivalente ou ser técnico/a auxiliar en formación profesional ou equivalente, así como ter 18 anos cumpridos no momento de inicio da formación.
Prezo e prazos de inscrición
O prezo total do curso son 330€ que se pode fraccionar facendo un 50% do pago na inscrición e o 50% restante na confirmación do curso.
A data límite para a inscrición é o 1 de febreiro de 2026 (inclusive).
Sistema de bolsas
Existe a posibilidade de recibir unha bolsa que cubra o custe parcial do curso. A apertura do sistema de bolsas está supeditada ao número de prazas cubertas e o seu número é limitado. Ademais, o seu desfrute está vinculado á realización dun voluntariado nun número de horas equivalente ao subvencionado, nunha entidade da túa elección.
Se tes unha situación económica complicada e tes interese nesta cuestión, coméntao no formulario de inscrición. Se conseguimos un número de participantes suficiente para financiar as bolsas, porémonos en contacto contigo.
Instrucións de matrícula
O proceso de matrícula consta de tres pasos. A matrícula se considerará completada cando se realicen os tres:
- Cobre o formulario.
- Modalidade pago único: Ingresa 330 euros en concepto de pago do curso na conta de Triodos ES61 1491 0001 2630 0011 1277. Concepto: “MATL+Nome e apelidos”. Esta cantidade non é reembolsable baixo ningunha circunstancia no caso de que te deas de baixa durante o proceso de inscrición ou unha vez comezada a formación (é a cantidade que asegura a viabilidade da celebración do curso!). Si se reembolsará na súa totalidade no caso de que a Escola non puidese realizar o curso porque non se cubrisen as prazas mínimas.
- Modalidade pago fraccionado: Ingresa 165 euros en concepto de inscrición do curso na conta de Triodos ES61 1491 0001 2630 0011 1277. Concepto: “MATL inscrición+Nome e apelidos”. E outros 165 euros cando confirmemos a realización do curso en concepto de confirmación curso na mesma conta. Concepto: “MATL confirmación+Nome e apelidos”. Estas cantidades non serán reembolsables baixo ningunha circunstancia no caso de que te deas de baixa durante o proceso de inscrición ou unha vez comezada a formación (é a cantidade que asegura a viabilidade da celebración do curso!). Si se reembolsará na súa totalidade no caso de que a Escola non puidese realizar o curso porque non se cubrisen as prazas mínimas.
- Envía o resgardo do ingreso ou da transferencia na conta ao correo escola@aventeira.com.
Confirmación da inscrición
Poñerémonos en contacto contigo a través de correo electrónico dúas veces. Unha primeira para confirmar a recepción da inscrición e do pago, e unha segunda para confirmar a celebración do curso, dicirche os espazos para cada día, darche información práctica e pedirche algunha documentación.
Se non recibes algunha destas mensaxes, por favor, ponte en contacto con nós cando podas para que che pasemos a información necesaria.
Máis información
No teléfono 722 349 489 e no correo electrónico: escola@aventeira.com.