Aventeira Escola imparte o curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, titulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia

Curso MATL Outuno A coruña

Datas

Fins de semana do 5 de outubro ao 8 de decembro.

 

Horario

Sábados e domingos de 9:00-14:00 e de 16:00-21:00.

 

Lugar

Centro Aula Nosa, Rúa Mosteiro de Caaveiro 1 Baixo, 15010 A Coruña (agás algunhas actividades que terán lugar no exterior, na cidade da Coruña e nos seus arredores, e unha acampada).

 

Duración

200 horas da fase teórico-práctica e 150 horas da fase de prácticas. Precísase unha asistencia ao 80% do total das horas teórico-prácticas para superar o curso, así como superar a parte práctica.

 

Contidos

  • Animación: educación a través do xogo, expresión artística, dinamización de veladas, animación deportiva.
  • Psicosocioloxía: facilitación de grupos, transformación de conflitos, educación en valores, programación e metodoloxía.
  • Educación transformadora: xénero e igualdade, educación emocional e coidados, comunicación non violenta, galego e linguas.
  • Educación ambiental e campismo: aprendizaxe-servizo no medio ambiente, interpretación medioambiental, técnicas de campismo, orientación.
  • Educación para a saúde: prevención de drogodependencias, primeiros auxilios, certificado de manipulador/a de alimentos, sexualidade, prevención de riscos laborais.
  • Organización e recursos: entidades no tempo libre, recursos e axudas, información xuvenil, espazos de participación no tempo libre, orientación laboral.

 

Requisitos

Estar graduado en Educación Secundaria ou equivalente ou ser técnico auxiliar en formación profesional ou equivalente e ter 18 anos.

 

Número de prazas

25

 

Prezo e prazo de inscrición

260 euros ata o día 20 de setembro e 280 euros ata o día 27 de setembro.

 

Sistema de bolsas

Existe a posibilidade de recibir unha bolsa que cubra o custe total ou parcial do curso. A apertura do sistema de bolsas está supeditada ao número de prazas cubertas e, o seu desfrute, á realización dun voluntariado nun número de horas equivalente ao subvencionado. Se precisas solicitar unha bolsa, escríbenos para recibir toda a información! 

 

Instrucións de matrícula

  • Cobre o formulario.
  • Ingresa 80 euros en concepto de reserva de praza e matrícula na conta de Triodos ES61 1491 0001 2630 0011 1277. Concepto: “MATL+Nome e apelidos”. Esta cantidade non é reembolsable no caso de que te deas de baixa durante o proceso (é a cantidade que asegura a viabilidade da celebración do curso!). Descontaráseche do prezo total do curso a realizar nun segundo pago e si se reembolsará na súa totalidade no caso de que a Escola non puidese realizar o curso porque non se cubriran as prazas mínimas.
  • Envía o resgardo do ingreso ou da transferencia na conta ao correo [email protected].

 

Confirmación da inscrición

Poñerémonos en contacto contigo a través de correo electrónico dúas veces. Unha primeira para confirmar a recepción da inscrición e do pago, e unha segunda para confirmar a celebración do curso, informar dos prazos para realizar o resto do pago e darche algunha  información práctica.

 

Máis información 

No teléfono 722 342 658 e no correo electrónico: [email protected].

 

Agardámoste!