Que tal che soa pasar 3 meses nun país da Unión Europea facendo prácticas nunha empresa ou entidade do teu ámbito?

Aprendendo a facer, mellorando o teu CV, coñecendo outro país e saíndo da túa “zona de confort”. Canto aprende un disto último! 

E se che decimos que é con todos os gastos pagados de viaxe, aluguer, comida…?

Soa ben verdade? Pois sigue lendo e coñece máis sobre a túa aventura europea que está a piques de comezar…

Que é Galeuropa?

O “Programa de mobilidade transnacional xuvenil GALEUROPA” concíbese para a realización de prácticas formativas non laborais en empresas e entidades públicas ou privadas de países europeos co obxectivo de incrementar as oportunidades de emprego para a mocidade.

Para quen?

Para aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter de 18 a 30 anos (ambos inclusive)
  • Ser residente en Galicia
  • Estar dado de alta no Sistema de Garantía Xuvenil (non estar traballando nin realizando accións formativas no momento da solicitude)   + info
  • Non ter disfrutado dunha bolsa Galeuropa con anterioridade

Ademais se reservan o 45% das prazas dun dos fluxos para persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%

Que obxectivos se perseguen?

  • Incrementar as posibilidades de inserción laboral para a mocidade
  • Complementar a competencia profesional e persoal
  • Adquirir competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos
  • Fomentar a autonomía persoal
  • Vivir unha experiencia inesquecible

E onde?

Lisboa (Portugal) – 4 prazas 

Carpegna (Italia) – 4 prazas

Bruxelas (Bélxica) – 4 prazas

Cando é?

A estancia de prácticas ten lugar durante os meses completos de setembro, outubro  e novembro de 2019.

Canto custa?

Nada!  Grazas ao investimento da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e en conformidade co programa operativo de emprego xuvenil POEX  así mesmo, cofinanciado polo IEX e o FSE.

Como solicito o Programa?

  • Envíar Curriculum Vitae  + Carta de motivación a [email protected]
  • Agardar á confirmación de que todo foi recibido correctamente.
  • Agardar á asignación da praza ou á confirmación de aparecer na lista de agarda.

PRAZO DE SOLICITUDE PECHADO. Permanecede atentas a novas oportunidades.

E se preciso máis información?

Só tes que mandar un mail a [email protected] ou chamarnos ao 722349483, onde xente moi simpática explicarache todo moi ben explicado e, se todavía non o estás, convencerache de que formes parte desta gran aventura!

Ademais tes máis información sobre Galeuropa aquí.