
¿Quieres ver esta página en castellano?
CURSO AVANZADO DE EDUCACIÓN NON FORMAL CON LENTES VIOLETAS

Obradoiros con:








Espazos artísticos con:
Duración do curso
20 horas.
Precísase unha asistencia ao 80% do total das horas presenciais para recibir o certificado de realización do curso.
Datas e horarios
15, 16 e 17 de decembro
O venres comezamos ás 17:30 e pechamos cos concertos da noite
O sábado comezamos ás 10:30 e pechamos co espectáculo artístico da noite
O domingo comezamos ás 10:30 e rematamos ás 17:00
Lugar
Albergue de Ecoturismo Alvarella
Breanca Doroña s/n 15615 Vilarmaior (A Coruña)
O Albergue de Ecoturismo Alvarella está pretiño de Pontedeume e do Parque Natural das Fragas do Eume. Localízase nunha finca de 50.000 metros cadrados e ten comedor, cociña, habitacións con baño, aulas e unha palleira magnífica onde desenvolveremos a maioría das sesións. Ademais, conta con calefacción. O albergue é un centro de aprendizaxe e iniciación á cultura medioambiental, incorpora solucións construtivas bioclimáticas e ecolóxicas, con aproveitamento da enerxía solar.
Os concertos do venres terán lugar na Sala Guión, en Pontedeume. Intentaremos articular o mellor medio de transporte ata o espazo. Contarémosvos máis prontiño!

Espazo de conciliación
Se se solicita no formulario, habilitaríase un espazo de conciliación infantil onde profesionais do tempo libre titulados acompañarían as crianzas durante os espazos formativos.
Prazo de inscrición
Prezo
40€
O prezo está orientado ao pago da manutención e inclúe a pernocta no albergue, os concertos e espectáculos artísticos e a manutención completa. Aloxarémonos en habitacións colectivas. Teremos que levar o noso saco de durmir.
Uns días antes da formación crearemos un grupo de whatsapp no que poder organizarnos para compartir transporte ata o albergue.
Sistema de bolsas
Existe a posibilidade de recibir unha bolsa que cubra o custe total do curso, se ben o seu número é limitado. O seu desfrute está vinculado á realización dun voluntariado nun número de horas equivalente ao subvencionado. Se precisas solicitar unha bolsa, escríbenos para recibir toda a información!
Criterios de inscrición e instrucións de matrícula
Para o caso de que tivésemos máis solicitudes de matrícula que prazas, imos aplicar os seguintes criterios de inscrición: orde de inclusión de datos no formulario, participación previa nos cursos básicos e equilibrio territorial e de xénero. Mais agardamos poder dar cabida a tódalas persoas que queirades participar!
Para solicitar a vosa praza, cubride o seguinte formulario.
O 27 de novembro rematará o período de inscrición e, nos días seguintes, enviaremos un correo a tódalas persoas interesadas para comunicarvos tanto a consecución da praza como a inclusión na lista de agarda, se fose o caso. Daremos un prazo para facer o pago na conta de Aventeira ou a solicitude de bolsa. No mesmo correo, enviaremos toda a información para a realización deste trámite. Se vedes que non recibides o e-mail, poñédevos en contacto con nós, por favor.
Unha vez remate este prazo, se alguén renunciase á súa praza, chamaríamos ás persoas que estivésedes na listaxe de agarda por se quixerades ocupar esas prazas libres.

O Rabelo, foto de Nelson Corsino
Cronograma
Venres 15
17:30
Chegada e instalación
18:00-18:30
As lentes violetas: sentido e ollada cara dentro
(Espazo facilitado)
18:30-20:00
Interseccionalidade e feminismos:
repensar a educación dende as pedagoxías anticapacitistas e crip
(Itxi Guerra)
20:00-21:00
Cohesión e celebración: con amigas, sempre
(Espazo facilitado)
21:00
Cea
23:00
Referentes musicais para o traballo en igualdade: O Rabelo (23:00) e Catuxa Salom (00:15)
Sala Guión, Pontedeume
Sábado 16
09:30
Almorzo
10:30-12:00
Amar a mares: repensarmos a educación desde as non-monogamias transfeministas
(Andrea Nunes e Ánxela Lema)
12:30 – 14:00
Retos, discurso e claves para achegarse aos rapaces en tempos da manosfera
(Lionel S. Delgado)
14:00
Xantar
16:00 – 17:00
Coidándonos e tecendo redes: articulando necesidades, soños e loitas
(Espazo facilitado)
17:00 – 20:30
(con descanso de 30 minutos)
ESPAZO NON MIXTO
Empoderamento a través da autodefensa feminista
(Cristy Shedimar Tojo)
Masculinidades disidentes: afondando na construción da masculinidade e articulando alternativas
(Raúl Macías)
21:00
Cea
22:00
‘O benquerer(se)
Aldaolado en acústico
Domingo 17
09:30
Almorzo
10:30-12:00
Sexualidade na educación no tempo libre: inquedanzas, respostas e recursos
(Jeane Costa)
12:30 – 14:00
Infancias y adolescencias trans: protocolos e estratexias de acompañamento
(Leo Mulió))
14:00
Xantar
15:30 – 17:00
Pechando o círculo: reflexión, apreciación e camiño compartido
(Espazo facilitado)
Facilitadoras: Inés Cebreiro López e Miren Alonso Álvarez.
Máis información
Se precisas máis información podes poñerte en contacto con nós nos teléfonos 722 349 493 e 722 349 483 ou no correo electrónico lentes.violetas@aventeira.com
Agardámoste!
Acción enmarcada dentro do proxecto subvencionado nun 70% e cun importe de 24.670,42 euros pola Deputación da Coruña a través do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2023; así como dun proxecto subvencionado cun importe de 17.892,57 euros polo Ministerio de Igualdade na convocatoria de subvencións públicas destinadas a programas e proxectos de concienciación, prevención e investigación das distintas formas de violencia contra as mulleres 2023


