CURSO: A educación non formal con lentes violetas (III edición)
Contidos
I – A igualdade en perspectiva: unha viaxe en busca dos porqués e dos sentidos dos debates
II – Olladas queer ante a educación no tempo libre
III – Resistencias, experiencias e estratexias: construír o cambio dende as vivencias
IV – A educación afectivo-sexual e a transformación dos modelos afectivos
V – Espazo non mixto:
- Autodefensa feminista e espazo de exploración individual e grupal
- Masculinidades alternativas e espazo de exploración individual e grupal
VI – Prácticas educativas transformadoras: ferramentas para mudar a realidade
Duración do curso
30 horas: 25 presenciais e 5 non presenciais
Precísase unha asistencia ao 80% do total das horas presenciais para superar o curso, así como entregar unha proposta de actividade para superar a parte non presencial.
Datas e horarios
Venres, 19 de novembro de 16:00 a 20:30 e de 22:00 a 23:00
Sábado, 20 de novembro de 9:00 a 14:00, de 16:00 a 20:30 e de 22:00 a 23:00
Domingo, 21 de novembro de 9:00 a 13:30 e de 15:30 a 20:00
Lugar
Albergue Xuvenil Gandarío
Aldea Cornide, 21, 15167 Bergondo, A Coruña
Prezo
25€
O prezo inclúe a pernocta no albergue, pero non a manutención. É importante contar co carné de alberguista para pernoctar no albergue, mais se non o tes, dínolo no formulario e poñémonos en contacto contigo
Prazo de inscrición
Ata o 11 de novembro, incluído.
Instrucións de matrícula
Cobre o formulario.
Ingresa 25 euros en concepto de matrícula no curso na conta de Triodos ES61 1491 0001 2630 0011 1277. Concepto: “lentes violetas + nome e apelidos”. Esta cantidade non é reembolsable no caso de que te deas de baixa durante o proceso (é a cantidade que asegura a viabilidade da celebración do curso!). Reembolsarase na súa totalidade no caso de que non se puidese realizar o curso por non cubrir as prazas mínimas ou por cambios alleos a Aventeira.
Envía o resgardo do ingreso ou da transferencia na conta ao correo lentes.violetas@aventeira.com.
Confirmación da praza
Poñerémonos en contacto contigo a través de correo electrónico dúas veces. Unha primeira para confirmar a recepción da inscrición e do pago e confirmarche a praza, e unha segunda para confirmar a celebración do curso e darche algunha información práctica, a partir do día 12 de novembro.
Sistema de bolsas
Existe a posibilidade de recibir unha bolsa que cubra o custe total do curso, se ben o seu número é limitado. O seu desfrute está vinculado á realización dun voluntariado nun número de horas equivalente ao subvencionado. Se precisas solicitar unha bolsa, escríbenos para recibir toda a información!
Adaptación á situación actual
Imos seguir tódalas normas de prevención e seguridade por mor da covid con moito coidado e estando sempre atentas ás novas normativas que vaian chegando. Enviarémosche unha guía xunto coa información práctica cando confirmemos a realización do curso, pero podemos adiantar que, por suposto, teremos que manter a distancia social, empregar máscaras e ter coidado de desinfectar calquera material entre uso e uso, entre outras medidas.
Máis información
Se precisas máis información podes poñerte en contacto con nós nos teléfonos 722 349 483 e 722 349 493 ou no correo electrónico lentes.violetas@aventeira.com.
Agardámoste!

Proxecto subvencionado nun 80% e cun importe de 13.116,88 euros pola Deputación da Coruña a través do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2021.