Slide
Educación para a Igualdade de Xénero
Curso: Gamificando as Lentes Violetas

Cremos que o mellor xeito de aprender e promover valores é xogando. Ademais, nun momento no que a rapazada parece ter discursos altamente polarizados resúltanos fundamental achegarnos á mocidade con propostas que consigan captar a súa atención e as predispoñan a participar dende a curiosidade.

Con este curso de 20h de duración buscamos achegar ás e ós profesionais que traballan con persoas mozas ferramentas lúdicas para a promoción da igualdade e a diversidade sexual e de xénero.

Queremos compartir dende pequenos xogos sinxelos de desenvolver e adaptar a calquera contido para motivar á participación ate  Grandes Xogos que mobilicen unha aprendizaxe vivencial e conduzan a potentes reflexións grupais.  Xeraremos tamén momentos de reflexión e ideación colectiva cos que nutrirnos mutuamente coas propostas, enfoques e discursos que mellor nos funcionan.

Está dirixido a persoal educador, voluntario ou docente que programe ou desenvolva obradoiros ou proxectos de promoción da igualdade, da diversidade sexual e de xénero ou de prevención das violencias machistas, mais tamén se simplemente acompañas a grupos de persoas novas e queres afondar en xeitos lúdicos de achegar discurso feminista. Así mesmo, este curso é para ti se es estudante do eido educativo ou da promoción da igualdade e a diversidade.

O curso celebrarase do 15 ao 16 de xuño no noso local en A Coruña. Podes inscribirte ate o día 6 de xuño. O 7 de xuño comunicaremos a asignación de prazas vía correo electrónico ás participantes inscritas e solicitaremos ás persoas admitidas que realicen o ingreso dos 20€ de custe do curso para confirmar a súa praza. En caso de haber máis inscritas que prazas, faremos a selección de participantes buscando variedade e paridade territorial, de xénero e de perfís. Tamén se terá en conta a orde de inscrición.

Sábado 15

  • 9:00-10:30 Benvida, presentación, introdución ao curso e contidos básicos
  • 10:30-11:30 Grandes Xogos: unha aprendizaxe vivencial
  • 11:30-12:00 Descanso
  • 12:00-14:00 Teoría da Gamificación… gamificada!

 

  • 15:30-16:00 Apreciación emocional: o grupo e eu
  • 16:00-17:30 Gran Xogo en exterior: xogar con espírito crítico
  • 17:30-18:00 Mini-xogos para a promoción da igualdade 1
  • 18:00-18:30 Descanso
  • 18:30-19:30 Mini-xogos para a promoción da igualdade 2
  • 19:30-0:30 Colectivizando reflexións

Domingo 16

  • 9:00 Re-encontro
  • 9:30-11:00 Gran Xogo: xerando maxia
  • 11:00-11:30 Descanso
  • 11:30-12:00 Ideación colectiva: estratexias e creación de xogos
  • 12:00-13:00 Gran Xogo: conectar dende a música e a celebración
  • 13:00-14:00 Peche: tecendo redes

Online

5 horas de dedicación á presentación dun xogo ou dinámica lúdica para traballar en materia de igualdade, diversidade sexual e de xénero ou prevención da violencia de xénero.

lentes.violetas@aventeira.com

(+34)  722 349 483  /  (+34) 722 349 493

Acción enmarcada dentro do proxecto subvencionado nun 70% e cun importe de 24.670,42 euros pola Deputación da Coruña a través do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2023; así como dun proxecto subvencionado cun importe de 17.892,57 euros polo Ministerio de Igualdade na convocatoria de subvencións públicas destinadas a programas e proxectos de concienciación, prevención e investigación das distintas formas de violencia contra as mulleres 2023.