
A esencia
Aventeira nace procurando, ante todo, un ben social. Como entidade sen ánimo de lucro, o noso fin último é a transformación do mundo nun lugar mellor. Traballamos para as persoas, facendo fincapé nos coidados e na comunicación.
Para acadar este obxectivo, servímonos do modelo cooperativo, que nos permite traballar con outras, dende a horizontalidade e a cooperación, na consecución dos nosos fins.
O trasfondo educativo é parte fundamental de toda a nosa actividade, buscando sempre, de xeito explícito ou implícito, transmitir á sociedade os valores que nos moven.

O equipo



Aventeira ten as súas raíces na vontade de seis coordinadoras de tempo libre que, tras anos de experiencias moi diversas no sector, decidimos dar un paso adiante e intentar facer aquilo no que cremos.
A nosa experiencia colectiva no sector avala a nosa profesionalidade e capacidade de traballo en actividades moi diversas: asociacionismo, xestión e redacción de proxectos, coordinación de equipos de persoas, dinamización, gamificación, organización de campamentos, excursións e actividades de todo tipo.
Miren Alonso
Titulacións superiores en Comunicación e Ciencias Sociais.
Formación e experiencia na facilitación de grupos.
Longo percorrido na intervención socioeducativa dende a perspectiva de xénero e a participación político-social.
Xulio López
Promoción e coordinación de proxectos en defensa do medio ambiente dende o eido profesional, do voluntariado e da cooperación internacional.
Dilatada experiencia na xerencia de instalacións de titularidade pública e privada.
Busca, xestión e coidado de redes e financiamento.
Pol Ovalle
Titulación en Educación Social, Cooperación Internacional e en Animación Sociocultural.
Experiencia na facilitación, xestión emocional e coidados de grupos e equipos de traballo.
Coordinación e formación en diversos programas e Escolas de Tempo Libre.
Rubén Casas
Formación superior en Publicidade e Relacións Públicas.
Experiencia na coordinación de intercambios xuvenís e mobilidade internacional.
Especialidade na dinamización e xestión cultural. Dirección de Campos de Voluntariado.
Bobi González
Formación específica e experiencia na intervención socioeducativa a través do deporte e o lecer.
Xestión de proxectos de dinamización cultural.
Loxística e deseño de procesos de innovación.
Áitor Novo
Titulación superior en Bioloxía Ambiental.
Coordinación e xestión de actividades de inmersión lingüística e divulgación científica.
Experiencia en entornos virtuais de aprendizaxe.
Deseño de xogos e gamificación.

A nosa entidade está recoñecida co certificado de Empresa Familiarmente Responsable por parte da Fundación MásFamilia, e tamén co selo SGI 20.10 de Igualdad de Oportunidades outorgado por SGI Standards.
