O noso equipo

As persoas que formamos Aventeira

Aventeira nace da vontade de seis coordinadoras de tempo libre que, tras anos de experiencias moi diversas no sector, decidimos dar un paso adiante e intentar facer aquilo no que cremos.

 

A nosa experiencia colectiva no sector avala a nosa profesionalidade e capacidade de traballo en actividades moi diversas: asociacionismo, xestión e redacción de proxectos, coordinación de equipos de persoas, dinamización, gamificación, organización de campamentos, excursións e actividades de todo tipo.

Para saber máis sobre nós, non dubides en poñerte en contacto.

 

Equipo Aventeira