Nos últimos anos vimos desenvolvendo proxectos de moi diversa índole, mais todos eles conectados cos nosos obxectivos e as nosas habilidades e competencias profesionais.
Campamentos, Excursións e Campos de Voluntariado
Cursos de Tempo Libre e outras Formacións
Mediación Escolar e Obradoiros Educativos
Dinamización Xuvenil, Cultura, Lingua e Lecer
Xestión de Proxectos Culturais e Educativos
Educación para a Igualdade de Xénero
Campamentos, Excursións e Campos de Voluntariado
Programa "Outono Xove"
Fins de semana de lecer, descubrimento, deporte e convivencia para rapazada e xente nova, na vila xacobea de Portomarín.
Campamentos Xunta de Galicia
Actividades para a rapazada dende os 8 ata os 17 anos, en diversas instalacións de Galicia. Teatro, natureza, escalada, circo, BTT, etc.
Campo de Voluntariado "Illa de San Simón"
Dinamización do patrimonio cultural e ambiental neste histórico enclave da ría de Vigo.
Campamento "O Gran Feirón"
Promoción do medio de vida rura e lecer de calidade da man das compañeiras e compañeiros da Casa do Queixo de Grixalba.
Excursións de fin de curso
Dinamización de excursións: acompañamento de grupos, coordinación e desenvolvemento de actividades de ocio.
Minicampamentos Coñece Galicia
Levamos tres veráns levando á rapazada a Allariz neste programa da Xunta de Galicia que combina aventura, convivencia e descubrimento da contorna.
Levamos xa 11 edicións do curso oficial de MTL na área da Coruña, e agardamos poder facer moitos máis.
Curso oficial: Monitorado de Tempo Libre (Concello de Ames)
Desenvolvemos, en Bertamiráns, o curso de MTL promovido polo Concello de Ames.
Curso oficial: Dirección de Actividades de Tiempo Libre (A Coruña)
No 2022 formamos á primeira xeración de coordinadoras e coordinadores de actividades de tempo libre na nosa ETL.
Curso: A educación non formal con Lentes Violetas (Deputación da Coruña)
Enmarcado dentro do programa Lentes Violetas, van xa cinco edicións deste curso de educación para a igualdade con perspectiva crítica e transformadora.
Curso: Educación emocional e coidados (Xunta de Galicia)
En formato intensivo de fin de semana, traballamos a identificación das emocións, a comunicación de sentimentos, os coidados e os afectos.
Curso en liña: Os campamentos como espazos de participación (Xunta de Galicia)
A nosa segunda proposta de formación en liña quixo achegar ferramentas e modelos de participación infantil e xuvenil ao contexto do tempo libre.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise da navegación das persoas usuarias e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar “Acepto” consente ditas cookies. Pode obter máis información pulsandoAQUÍ ou ben coñecer como cambiar a configuración pulsando en “Configurar Cookies”.
Functional
Always active
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico expresamente solicitado polo abonado ou usuario, ou co único propósito de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.O almacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen un requirimento, o cumprimento voluntario por parte do teu provedor de servizos de Internet, ou os rexistros adicionais dun terceiro, a información almacenada ou recuperada só para este propósito non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O almacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nun sitio web ou en varios sitios web con fins de marketing similares.