As aventuras de verán están dirixidas, fundamentalmente, á mocidade e infancia dos distintos Concellos de Galicia. Son campamentos cunha finalidade lúdico-educativa, de diversa índole, e sempre adaptables ás necesidades dos e das participantes.

Un campamento é unha opción atractiva e diferente para a mocidade, ao englobar aspectos coma o uso activo do tempo de lecer e as ideas de diversión e aventura, proporcionándolles ademais oportunidades de aprendizaxe a nivel persoal e emocional.

A mocidade ten, así, acceso a experiencias que dificilmente se poderán atopar no seu día a día e que lles serven para gañar autonomía persoal, pensamento crítico e valoración dos recursos ambientais que ofrece a nosa comunidade, Todo isto, marcado por unha acción lúdica e atraínte para eles e elas.

Ruta Sendeirismo Verán Campamento Aventeira