
Ocupámonos de desenvolver tódalas fases que supón a organización de excursións e campamentos. Facémolo para concellos, centros de ensino e outras entidades que estean interesadas.
Traballas nunha escola e andades na procura dunha excursión de fin de curso inesquecible e única?
Es técnica nun concello e buscades un equipo de profesionais para desenvolver os vosos campamentos con pernocta?
Concibimos este tipo de actividades non só como alternativas de ocio saudable para a infancia e a xuventude, senón tamén como espazos para a convivencia, o contacto coa natureza e a educación en valores.
Estas actividades adoitan predominar no verán, mais nós mantemos a oferta en períodos fóra da época estival, tales coma o Nadal e a primavera, tratando de cubrir unha necesidade social en expansión.
Prestamos especial atención á ambientación destas actividades polo que, a maiores dos contidos lúdicos e educativos, os e as participantes estarán inmersas en mundos fantásticos, o que contribúe a unha mellor integración das persoas nas actividades.

Para colexios, temos abertas as opcións de minicampamentos, excursións dun día a diferentes zonas de interese da xeografía galega e actividades no propio centro.
A nosa experiencia
As persoas que formamos Aventeira levamos traballando en postos de coordinación e monitorado de campamentos moitos anos. Dende 2020 a nosa entidade estivo a cargo de múltiples campamentos e actividades con pernocta de titularidade pública entre os que destacamos:







