
Turística
Dinamizamos programas turísticos en diferentes contextos e para diferentes grupos de idade.
Descubrímoslles á contorna ás persoas participantes a través de rutas, raids, xogos de pistas, xincanas fotográficas, misións imposibles e outras propostas orixinais que poden ter cabida nunha estancia no rural.

Así mesmo, deseñamos dinámicas de cohesión grupal, autocoñecemento e autoindagación e intelixencia emocional. Confiamos en que estas actividades, que supoñen o reto da exploración interior ao mesmo tempo que se desfruta da aventura exterior, poden resultar útiles e interesantes para as persoas participantes.
Tamén forman parte destes programas as actividades deportivas e de aventura que se poden desenvolver en estreito contacto cos espazos naturais nos que teñen lugar as actividades.
Todo isto, en boa compañía, pode contribuír á vivencia dunha auténtica experiencia de liberación, conexión e autodescubrimento.

