Ocupámonos de desenvolver tódalas fases que supón a organización de excursións e campamentos. Facémolo para concellos, centros de ensino e outras entidades que estean interesadas.
Concibimos este tipo de actividades non só como alternativas de ocio saudable para a infancia e a xuventude, senón tamén como espazos para a convivencia, o contacto coa natureza e a educación en valores.
Estas actividades adoitan predominar no verán, mais nós mantemos a oferta en períodos fóra da época estival, tales coma o Nadal e a primavera, tratando de cubrir unha necesidade social en expansión.
Prestamos especial atención á ambientación destas actividades polo que, a maiores dos contidos lúdicos e educativos, os e as participantes estarán inmersas en mundos fantásticos, o que contribúe a unha mellor integración das persoas nas actividades.
Para colexios, temos abertas as opcións de minicampamentos, excursións de un día a diferentes zonas de interese da xeografía galega e actividades no propio centro.
Para as vindeiras vacacións de Semana Santa, organizamos un campamento de cinco días no centro Equal, no Concello de Coles, para rapazada entre 7 e 13 anos, que está aberto a todas as nenas e nenos ás que lles interese. As inscricións xa están abertas!
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
cookielawinfo-checbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |