As aventuras escolares constitúen unha proposta de intervención lúdico-educativa para a infancia e a mocidade das escolas. 

Os e as participantes poden desfrutar dunha experiencia de vivencias e emocións compartidas con outros compañeiros e compañeiras, adquirindo competencias relativas á socialización cos seus pares, á sensibilización en torno á importancia da implicación social da mocidade, ao coidado da vida en colectivo e do respecto ás demais persoas e ao entorno. Así mesmo, a intervención repercute positivamente no ámbito persoal de cada participante, mellorando aspectos que poden influír nas actuacións da súa vida cotiá. 

As actividades son personalizadas e adáptanse ao grupo de participantes. Todo isto rodeado dunha ambientación fantástica como fío condutor da actividade.