Slide
Mobilidade
Xuvenil

Sempre é bo saír da zona de confort, vivir noutros lugares e empaparse doutro xeito de facer as cousas, aínda máis cando un é novo e está na conformación da súa forma de ser e de vivir. A mobilidade xuvenil é unha experiencia enriquecedora tanto a nivel persoal coma profesional, que ten que estar adaptada ás inquedanzas e necesidades de cada persoa de xeito individual.

En Aventeira encargámonos de facer realidade esta aventura persoal. A xestión do financiamento, o contacto con entidades de prácticas, o aloxamento de calidade en destino, a manutención ou a formación lingüística constitúen algún dos servizos que ofertamos para que esta experiencia estea ben organizada e non lle falte de nada.

Galeuropa

Dende o primeiro momento, dende Aventeira fixéronme entender que non só era una experiencia profesional única, senón de crecemento persoal. Nunca esquecerei estes tres meses.
Emilia Albán
Participante no programa Galeuropa 2019

Somos entidade xestora do programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, convocado pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Na edición 2019 enviamos a un total de 12 participantes a distintos lugares de Italia, Bélxica e Portugal, onde estiveron tres meses realizando prácticas e vivindo unha experiencia transformadora a tódolos niveis.

Agardamos novas convocatorias deste e doutros programas. Permanecede atentos e atentas, xa que en canto abra unha nova convocatoria anunciarémolo nas nosas redes sociais.

IMG-20191003-WA0032