Slide
Xestión
Cultural
A coordinación integral de proxectos culturais, así como a xestión de espazos, son outras das actividades que levamos a cabo con agarimo e dedicación. Traballamos dende a experiencia na coordinación de instalacións, pero sobre todo dende o que para nós son as claves deste tipo de proxectos: a organización, a responsabilidade e as relacións humanas.

A illa de San Simón

Sediam’eu na ermida de San Simión
e cercaron-mi as ondas, que grandes son…

Mendinho

Vídeo cortesía de David Fragueiro Míguez  

Tivemos a gran sorte de desembarcar e o gran reto de prestar os nosos servizos de coordinación cultural no arquipélago de San Simón, na enseada da Ría de Vigo. Un espazo declarado Ben de Interese Cultural onde coordinamos durante todo o ano a organización de visitas guiadas e actividades de interese cultural, educativo e sociodeportivo.

Declarámonos uns auténticos namorados das dúas illas que constitúen o arquipélago e que albergan centos de historias entre as súas paredes. San Simon constitúe, hoxe, un hábitat privilexiado de especies naturais protexidas, mais noutros séculos foi tamén morada de monxes templarios, agocho de tesouros do pirata Francis Drake, inspiración para Xulio Verne ou Mendinho e protagonista dunha das páxinas máis escuras do noso pasado.

Pero a historia e a cultura escríbense día a día e nós esforzámonos para que se faga do mellor xeito posible, dende a responsabilidade, o respecto á memoria e o sentido de comunidade.