Queda 2. Día 7. Onde poñen o ollo …

arco en Entrimo

Nesta xornada tivemos un menú de actividades moi variado, con moito teatro, actividades deportivas de aventura e por suposto non faltou a piscina, e de guinda un superescondite do que non podemos pórvos fotos, … porque esta rapazada, agóchase moi ben!

Pois nada, como xa andaredes aburridos de fotos de piscina, hoxe deixámosvos algunhas de tiro con arco, algo que sempre gusta moito, por que será?

As actividades de expresión corporal axudáronnos a saber identificar e canalizar as nosas emocións e aquí tedes unha mostra do aprecio que están a cultivar polo noso medio ambiente.

Algunhas das nosas monitoras e monitoras sempre atopan unha escusa para que as rapazas e rapaces acaben cheos de pintura na cara, nos brazos e nas mans, mesmo nas veladas! Aquí unha pequena mostra