Hoxe xa é un día un pouco raro, cunha mistura de emocións, onde a euforia da festa final e a máxima diversión ao máximo na compaña das nosas amigas e amigos se mistura co desacougo do final e o peche desta fabulosa aventura.
Hoxe tivemos moito tempo para facer os ensaios e así dalo todo na representación final, na que houbo, teatro, circo, humor, música baile e acrobacias.

Tamén entregamos trofeos das pequenas competicións que houbo durante o tempo libre do campamento, pero o momento máis bonito foi que como o trofeo non se podía repartir ocorréuselles regalarllo ao noso cociñeiro, Roque, que foi moi apreciado nesta quenda como se pode ver nestas imaxes.
As actuacións foron un momento marabilloso onde puidemos apreciar os moitos talentos cos que conta a nosa rapazada, perfectamente guiado polo noso equipo de presentadoras e presentadores.



Unha última cea no comedor, que foi moi animada, serviu como entrante a apoteose final que foi a festa final.

Unha festa que foi unha auténtica celebración que combinou xogos nos exterior, a mellor música, unha zona chill out, e por suposto un gran “photocall” onde deixar constancia do noso paso por esta instalación, coas nosas mans impresas como fondo.



Muchísimas gracias!! Las niñas han vuelto felices y contando maravillas !!