Queda 3. Día 1. De casting!

Queda 3. Día 1. De casting!

Esta quenda imos ambientar o campamento no fascinante mundo da televisión a través nosa particular canle eNTV. Ao longo destes 10 días Imos protagonizar concursos, documentais, películas, programas musicais, monólogos humorísticos, circo, teatro e centos de cousas máis!

Hoxe a entrada serviu de coñecer a quen serán as nosas estrelas televisivas nunha recepción que se converteu nun casting de talentos. Que comece o espectáculo!

Houbo tempo tamén de probar a piscina e facer a correspondente proba de natación que foi completamente superada por todas e todos os participantes. Tamén coñecemos a Tina e Velu, un par de interesantes avespas que cada día nos traerán un enigmático concurso cuns misteriosos sobres.

Todo o día estivemos traballando a identidade dos pequenos grupos, burbullas, que serán toda unha piña durante o campamento e para iso hoxe adicamos un bo tempo a que se vaian coñecendo e creando a súa cohesión grupal. A velada, unha noite meiga, foi tamén un xeito un bonito e divertido xeito de culminar o día reforzando esa identidade colectiva.

2 Comments

  1. Mary

    Que chulada de fotos, que envidia. Disfrutarlo a tope.

  2. Isa

    Veña rapaces!! A disfrutar!! 👏🏻Despois da marabillosa benvida, o campamento só pode ir a mellor!!

Comments are closed