Quenda 1. Día 1. Arrincamos!

Onte abríronse as portas do Campamento de Pontemaril por primeira vez para todos e todas as participantes nesta aventura.

Foi un día tranquilo no que adicamos a tarde a realizar xogos nos que os nenos e as nenas puideron familiarizarse coa instalación e tamén coñecerse mellor entre eles e elas. Ademáis, e aprobeitando que o tempo acompañaba, tivemos tempo de pegarnos un chapuzón na piscina.

Despois da cea, fixemos unha guerra de cores na que todos os nenos e nenas tiveron que superar diferentes probas de todo tipo. Mañá comezamos coas actividades de rotación como piragua ou escalada. Que ganas!