Quenda 1. Día 1. Benvidas a Allariz!

Arrancamos a primeira quenda de Acción no Arnoia II, cun grupiño de 20 participantes que chegan a Allariz con moitas ganas e ilusión.

Que mellor que arrancar cunha multitude de xogos para perder os nervios e empezar a coñecer novas compañeiras e compañeiros e as instalacións!

Temos cinco días para desfrutar de experiencias marabillosas e descubrir Allariz.

Feliz Vida!