Comezamos esta tempada de verán en Boiro!
Con moitas gañas de vivir experiencias máxicas e poder compartilas cunha gran cantidade de rapazada durante os meses de xullo e agosto.

Recibimos ao primeiro grupo e puidemos aproveitar ben o día cun tempiño solleiro.
Logo de familiarizarnos coa instalación e coñecernos un pouquiño entre nós, puidemos gozar xa dalgunha actividade grupal para comezar forte esta quenda.
Como non pode ser doutro xeito, a velada será un dos principais atractivos do campa. Para este primeiro día contamos coa ilustre presenza de Buzz Lightyear.

E para rematar o día, presentamos o espazo de Escoita Activa, un espazo asembleario no que monitorado e rapazada avaliamos a xornada, debatemos e tomamos decisións relativas á convivencia.
Podedes consultar as indicacións de Somos tempo libre para desenvolver unha asemblea de campamento neste enlace:
https://docs.google.com/document/d/1PCODDw3UG2EMi7G_S8yeBSMXaOk08W5sMbBWJQGpink/edit
Que boa idea a asamblea! Que positiva e educativa!
Encántanos saber de vos! Desfrutade a topeeee!