Vaia emoción! Hoxe foi un día grande no que recibimos un cento de animadas rapazas e rapaces nunha nova tempada estival de campamentos en Entrimo! Un ano no que recuperamos os aforos e os afectos, previos á COVID, onde a convivencia, aínda que con prudencia, volve a ser máis natural. Volven as apertas!

Foi un día para coñecer un montón de novidades, como o recinto do campamento, cheo de lugares interesantes e peculiares, afacernos ao servizo de comedor, instalarnos nas endas e ir collendo confianza e deixar agromar as novas amizades que xa empezamos a cultivar.

Por suposto, houbo tempo tamén para xogos e lograr un ambiente distendido e divertido e pola noite tivemos a nosa primeira asemblea, un espazo de escoita activa no que poder expresar as nosas ideas, dar a nosa opinión e participar na toma de decisións en relación a convivencia.

Guau! Que experiencia máis inesquecible!
Máis fotos, por favor! Queremos ver qué ben o pasan!
Grazas polas fotos!!
O verán non pode empezar de mellor maneira para os nosos menos e nenas.
Hola! A ver esas fotos de la tirolina, de la piscina, de teatro! Abrazos!!
Publicar fotos diarias.
Ola! máis fotos!
Esa piscina hai que enchela xa!
Buenas Tardes,
Llevo desde las 14.45hrs intentado poner en contacto con los teléfonos que nos habéis indicado y es imposible.
Por favor habilitar más líneas o una hora concreta por niño y ko todos a la vez.
Quedo a la espera de vuestros comentarios y así poder contactar con mi hija
Saúdos
Lamentamos que non puideras establecer a comunicación. Tentamos establecer comunicación contigo pero o correo que deixaches no comentario nos devolve o correo e non podemos identificar a quen fas referencia. Por favor, chámanos fora de horario ao teléfono de emerxencias 722 349 493 para que poidamos darche unha solución e garantizarche que poidas falar coa túa filla.