Remata a primeira quenda de Aventura na natureza, cunha calor impresionante! Entre sorrisos e apertas de amizade e lágrimas de tristura por ter que marchar, recollemos as nosas cousas e despedímonos deixando algunhas mensaxes ás compañeiras e compañeiros. Levamos a mochila chea de roupa sucia e centos de historias que serán difíciles de esquecer.


Dende aquí desexámosvos un estupendo verán, e agardamos volver a coincidir nos campas con moitas e moitos de vós 🙂
Moitas grazas a todos por facerlles pasar uns días inolvidables. Martín T.D. veu moi contento e con moitas ganas de repetir; oxalá o próximo ano teñan sorte e poidan volver.
Que pasedes un bo verán. Un saludo.