Quenda 1. Día 10. … e telón!

final de campamento

E chegou o día do final con ese sabor agridoce que anuncia o reencontro coa familia pero que tamén significa deixar atrás a todas esas amigas e amigos que coñécemos no campa e que foron o centro da nosa vida neste especial paréntese de 10 días da cotiandade.

Brotan algunhas bagoas, sinal da intensidade das emocións do momento das despedidas e a hora de escribir ou ler as afectuosas palabras que nos dedicaron. Palabras que din moito e que quedarán con nós para sempre como lembranza desta experiencia estival. Que felices fomos!

1 Comment

  1. Cristina

    Graciñas por esta experiencia única! Alba veu feliz e deseando repetir. Unha aperta a todxs

Comments are closed