Quenda 1. Día 10. Rematamos…

Final da primeira quenda de Aventura na natureza, unha quenda marcada polo mal tempo pero na que, finalmente, tivemos a ocasión de desfrutar dun par de días de sol, e piscina.

Non será fácil esquece os estupendos momentos que vivimos xuntas, a pesar das dificultades. Dende os paseos en kaiak polo río ás intervencións do misterioso pingüino, marchamos para a casa coa maleta chea de novos recordos e amizades.