A chegou o final desta marabillosa experiencia, que foi de menos a máis e que rematou cunha estraña combinación de emocións por reencontrarse coa familia á vez que sentimos unha gran pena porque chegara o final do campa e despedirnos das amizades tan intensas que logramos facer.

Agardamos os vosos comentarios para coñecer tamén as vosas impresíóns deste campamento de Entrimo.
Está todo dito rapazas e rapazas. Fúchedes un grupo extraordinario e querémosvos moito. Ata sempre!
Unha gran experiencia.
Nicolás trae moitos recordos e novos amigos.
Esperamos repetir o próximo ano.
Grazas a todo o equipo!
Que bo saber que quedou tan contento! En nós tamén deixou unha boa pegada 🙂
Iago quedou moi contento e con ganas de volver. Foi o seu primeiro campamento de dormir fora da casa e resultou toda unha aventura. Moitas grazas!
O primeiro campamento de Nuria e veu tan contenta, tanto, tanto. O mellor dixo que os monitores. O peor… a comida 🤣🤣. Pero xa nos pediu que o próximo verano temos a pedir outro campamento.
Grazas, porque a experiencia vai ser inesquecible.
Bo verán!!