Menudo segundo día en Pontemaril!
Unha vez chegados ao campamento, e xa facendo migas coas novas compañeiras e compañeiros, desfrutamos dun soleado e completiño día de xogos, actividades e diversión.


Pola tarde, como non podía ser doutro xeito, estreamos a piscina de Forcarei coa actividade de kaiak-polo mentres que outras compañeiras e compañeiros ían ao Lérez a facer piragüismo. A auga estaba ben fresquiña 🙂

Mañá nos agardan máis e mellores aventuras! Seguimos contándovos.