Quenda 1. Día 2. De aquí ao ceo!

Xa pasou o tempo de adaptación ao campamento e comezamos a tope coas actividades fortes da nosa programación, con toda clase de propostas de teatro, circo e aventura. Hoxe xa comezaron a gabear pola parede do rocódromo os primeiros grupos con moitas gañas de ter unha toma de contacto con este deporte tan fascinante.

Ademáis de subir ata o cume por unha das vías tamén tiveron ocasión de probar o boulder, un circuito circular baixo no que practicar os agarres e ir adestrando as mañas para avanzar nesta práctica deportiva onde a axilidade é fundamental.

Pero non todo é aventura, tamén hai espazo para a creatividade e a expresión, e xa tivemos as nosas primeiras rotacións de circo, teatro, con equilibrios, malabares e un pouco de interpretación.

E claro, non pode faltar o tempo libre onde as pistas deportivas cobraron vida con voleibol, frisbee, … e por suposto o inevitable fútbol, claro!

A tarde viu calorosa así que combinamos algúns xogos co noso líquido e refrescante elemento favorito: a auga! Que risas!

Aquí reina un moi bo ambiente e esta queda promete moitos bos momentos!. Isto acaba de comezar!

As nosas acampadas e acampados tamén queren tamén ter a sua voz sobre o que pasa no campamento e aquí temos a contribución da nosa reporteira por un día:

Como no había agua suficiente nos duchamos a manguerazos. Los monitores empezaron a mojarnos y se turnaron para mojar.

También fue el “entroido” de Entrimo. Los monitores se disfrazaron y lo pssamo muy bien con un juego de intentar conseguir el mayor número de disfraces posibles.

También fue el cumple de Nerea, una monitora. Le preparamos una sorpresa. Nos callamos un minuto y todo el mundo empezó a cantar el cumpleaños feliz.

Carolina Uzal

3 Comments

  1. María Regueiro

    Que boa experiencia, que bonito, seguro que o están a disfrutar.

  2. Maria Lucus

    Máis fotiños, xa está lista a piscina?

  3. Albano

    Lleváis sin poner fotos desde el lunes.

Comments are closed