Quenda 4. Día 2. Deixando voar a imaxinación

Quenda 4. Día 2. Deixando voar a imaxinación

Hoxe despegaron os primeiros vos para percorrer este fabuloso mundo de aventuras no campamento de Entrimo. Nos diferentes destinos que visitamos tivemos actividades do máis variado e comezamos xa a probar as nosas habilidades no rocódromo ou nas actividades de circo e expresión corporal.

Como faremos cada día a partir de hoxe, espreguizámonos despois do almorzo cuns bailes para activarnos e ter a cabeza e o corpo listo para os desafíos da xornada. Durante un par de veces ao día tamén facemos escala nalgún lugar paradisíaco para darnos un chapuzón, sempre moi celebrado pola rapazada.

Pero as veces os momentos máis especiais acontecen durante os temos libres. Hoxe algúns grupos tiveron a oportunidade de coñecer a nosa zona “chill out”, un lugar para relaxarse lendo, debuxando ou pintándose as uñas mentres conversan das súas cousas.

O xogo do “ninja, onde a axilidade, a astucia e os reflexos son vitais para saír vitorioso, é tamén unha actividade moi popular, sobre todo entre os máis maiores.

Xa na noite, dende a nosa terminal de vós do anfiteatro tivemos ao oportunidade de viaxar aos distintos continentes para coñecer e vivir algunhas pequenas aventuras a través de diferentes divertidas probas baseadas na súa cultura local.

1 Comment

  1. Eva Maria González Chaves

    Gracias por sacarlles os cativos o seu mellor sorriso nun momento tan complicado como o que estamos vivindo. Pálpase a súa felicidade.

Comments are closed