Onte, o segundo día en Forcarei, saudounos cunhas nubes un pouco grises que quixeron vir estragar o campamento, pero non foron capaces!
Algunhas de nós fixemos a primeira visita ao rocódromo antes de que comezara a chover, e o resto desfrutou doutras actividades de natureza e aventura como técnicas de supervivencia e incluso piragua.
Despois, e a pesar da choiva, desfrutamos por grupos dunha Quiniela Tola, e á tarde fixemos un gran xogo cargado de probas, desafíos e diversión.
Hoxe o tempo está acompañando un pouquiño máis. Seguimos!!