Quenda 1. Día 2. Primeiras aventuras

Na mañá do segundo día coñecimos a unhas misteriosas tribos que nos trouxeron o “Gran Xogo de Aventuras”, no que puidemos coñecernos mellor e superar uns complicados pero interesantes desafíos.

A mediodía, tivemos a sorte de coñecer a un par de criaturas do máis fantástico. Primeiro chegou o Miñato, que atopa e colecciona os nosos obxectos perdidos. Nos puxo un pequeno desafío de baile á xente que xa perdéramos cousas o primeiro día!

Viñeron por aquí tamén dúas persoas maiores de Forcarei a presentarnos á píntega-lagarto Rosaura, que se vai quedar con nós a pasar estes días.

Xa pola tarde, comezamos as primeiras actividades de rotacións, con escalada, sendeirismo ou bicicleta na natureza, entre outras.

Agárdanos un campa inesquecible!