Quenda 1. Día 2. Sen medo ás nubes

Entre chubasco e chubasco fumos capaces de sacar ratiños de calma que nos permitiron, no día de hoxe, desfrutar a tope das primeiras actividades de aventura do campamento.

Pola mañá un grupo estreou as bicicletas facendo uns circuitos pola instalación, mentres que as outras facían tiro con arco e outros xogos deportivos. Despois tivemo unha tarde na que a protagonista foi a auga. E non só polo orballo! Un dos dous grupos probou os kaiaks no río Lérez mentres que os outros facían kaiak-polo na piscina.

O ceo segue ameazando con choiva, pero nós seguimos a facerlle fronte con alegría, preparadas e preparados para o que faga falta! 🙂