Quenda 1. Día 2: Un día de cor e espectáculo

Hoxe arrancamos co primeiro día completo no campa e coas actividades estrela da programación. O día estivo cheo de cor e maxia nas actividades de teatro, caracterización, circo e Laser Tag.

Na rotación de teatro realizamos actividades de improvisación e match, creando micro pezas teatrais coas que non puidemos rir máis.

Na actividade de caracterización empregamos toda a nosa imaxinación para crear personaxes coloridas con disfraces e complementos.

Nesta primeira rotación de circo iniciámonos no manexo dos diábolos, hula hoops, malabares e cariocas, todo un espectáculo!

E temos que confesar que en Laser Tag realizamos un entrenamento tan, tan intenso que nin tivemos tempo de sacar fotos!

Tamén o Espazo de Escoita activa foi especial, xa que comezou a guialo e moderalo a rapazada.

Isto acaba de arrancar….pero promete grandes momentos!

1 Comment

  1. Olalla Ramallo

    Gracias polas fotos! Xa vexo a Cibrán pedindo un diaábolo!! 😅

Comments are closed